Friday 26 de April de 2024

A Secretaria Municipal non certifica “fehacentemente” á alcaldesa coma presidenta da mesa de contratación


Na acta de certificación da Xunta de Goberno Local referente a este asunto, no sexto punto, da constitución da mesa de contratación, nomea coma “presidente” da mesma ao “Alcalde de Sada”.

Lapsus? Corta e pega? Mala xogada do subconsciente? O certo é que a secretaria certifica claramente ó “Alcalde de Sada” coma “presidente” da mesa de contratación da licitación do servizo xurídico de Sada, ou a persoa en quen delegue, obviando o xénero e condición feminina da 1ª edil tránsfuga, mais esta, asina o documento sen reparar no erro e dándoo coma correcto.

Polo de agora esta licitación está en fase de publicación e prevese contratar este servizo xurídico para o Concello de Sada por un valor de 120.000 euros cunha duración dun ano prorrogable por outro máis.

Ao ver a acta desta certificación o grupo de Alternativa dos Veciños Sada explícase agora a redacción dalgúns informes de secretaría coma o que dicía que non expulsáramos ós edís tránsfugas. Haberá que interpretar estas actas con suposicións “extrínsecas” ao que está redactado.